Ontimize +integra

Ontimize

Ontimize +integra integra

É unha ferramenta adaptada ás necesidades compartidas dos profesionais das entidades que traballan con persoas con discapacidade, e que está en continua evolución.

Sinxela, áxil e intuitiva, o Ontimize +integra ofrece unha solución verticalizada que sitúa as persoas con discapacidade no centro da planificación e contribúe a mellorar a súa calidade de vida.

O Ontimize +integra, solvencia tecnolóxica que se adapta a ti e non o ti a ela.

O problema

É común entre as entidades que traballan con persoas con discapaciade encontrarnos con situacións que dificultan a xestión e intervención. Valoracións como:

Ontimize +integra
  • "Non sei onde está a información que me solicitas"
  • "Pasóuseme o prazo de presentación da subvención"
  • "Cústanos moito a xestión dos plans individuais e programas de apoio"
  • "Pásome o día entre papeis e apenas teño tempo de estar cos usuari@s"
  • "O informe que me pides non se canto tempo me levará"

Evidencian a necesidade de mellorar o sistema de traballo, o funcionamento dos equipos, canles de comunicación e a xestión da información e documentación relevante, todo iso para ser máis eficientes e eficaces no cumprimento da misión.

A solución

Ontimize +integra fundaméntase en 2 modelos de intervención que conviven simultáneamente para adecuarse ás necesidades de cada persoa con discapacidade:

  • O modelo PCP (Planificación Centrada na Persoa)
  • O modelo PDI (Plan de desenvolvemento Individual)

Os modelos de intervención, intégranse coa xestión das persoas (profesionais, voluntarios, etc.) e a xestión económica, documental e comunicación) o que posibilita unha xestión integral de todo o que afecta aos procesos clave da organización.

Ademais, Ontimize +integra herda os módulos da plataforma Ontimize Solutions que permiten cubrir todas as necesidades do sector:

¿Quen somos?

Algalia

Algalia

Algalia é unha empresa que dende 1995 presta servizos de asesoría e consultoría para o terceiro sector da acción Social, contribuíndo a mellorar a calidade da xestión e direción, xerando eficiencia e confianza a través dos nosos servizos especializados e integrais.

Imatia

Imatia

Imatia é unha empresa de base tecnolóxica que adica a maior parte dos seus recursos a I+D. Céntrase na creación de tecnoloxías para mellorar a productividade do desenvolvemento de aplicacións.

Contacto

 

Se o prefires, chámanos ó 986 37 95 87. Contacto